En Finlandia (e o mesmo acontece noutros países do seu redor), onde o ensino é publico, os estudantes levan anos obtendo os mellores resultados nos exames da avaliación PISA, que miden a eficacia do sistema educativo dos diferentes países. En Finlandia non hai conflicto sobre os idiomas no ensino, mais a maioría dos adultos son bilingües ou trilingües. Pero alí os nenos aprenden a ler e a escribir, e reciben todo o ensino, ata os 8 ou 9 anos de idade, exclusivamente na súa lingua materna, tendo os pais a facultade de elixir colexios de fala finesa, sueca ou inglesa.
Na nosa Galicia pola contra temos un problema pedagóxico, político, legal e de falta de liberdade. O Goberno do PP promulgou o 2010 un Decreto Lei que obriga a que o 50% do ensino se imparta en castelán (e o outro 50% en galego) dende o comezo e durante todos os anos da escolaridade. Exclúese o dereito e a liberdade de elixir o galego como lingua do ensino cando ese é o desexo dos pais e o idioma que o neno fala na súa casa e cos seus amigos. Estase a ocasionar un prexuízo pedagóxico aos nenos, lástrase a súa capacidade de aprendizaxe dende os primeiros anos, e nalgúns casos ocasionanse graves inconvenientes ás familias.
O problema vén de lonxe, e xa o gran galeguista, médico e político Alfonso R. Castelao esixía ao Goberno da República, actuando como representante do pobo galego sendo Deputado en Madrid, que aos nenos galego-falantes se lles impartise o ensino en galego. Os seus argumentos quedaron recollidos na sua sobranceira obra, onde podemos ler:
-“Hoxe os máis destacados educadores de Europa propoñen que o enseño se dea sempre na língoa materna dos nenos, deica o desenrolo completo da súa personalidade, porque así quedarán en condicións de deprender a segunda língoa como asignatura. Este asioma pedagóxico fúndase na comprobación de que a suma de coñecimentos adequiridos por un neno instruído na súa língoa materna é doble da que adequiriría nunha língoa allea. A esplicación está dada por moitos pedagogos. Cando non se utiliza nas escolas a língoa materna dos nenos, prodúcese unha atrofia na facultade do lingoaxe, i esta perturbación déixase sentir fatalmente no aprendizaxe da segunda língoa. Estas conclusións parece que non chegaron ao coñecemento dos nosos estadistas. Eles -tan afeitos a buscaren precedentes fóra de Hespaña- non queren, polo visto, enterárense da lexislación dos países afectados polo problema das língoas: Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Irlanda… Escola que non utilice o idioma materno dos nenos como xeito pedagóxico indiscutible... nunca!” Castelao; Sempre en Galiza: I, XXV.

Non progresamos moito dende entón. Pero o máis grave desta cuestión é que a vixente Lei de Normalización Lingüística (LNL) que foi aprobada polo noso Parlamento por unanimidade no ano 1983, cos votos a favor do PP, PSdG e BNG, dice no seu artigo 13 o seguinte: “Os nenos teñen dereito a recibi-lo primeiro ensino na súa lingua materna. O Goberno Galego arbitrará as medidas necesarias para facer efectivo este dereito”.
Este dereito que recolle a nosa Lei está a ser ilegalmente conculcado polo citado Decreto (que é norma de menor rango) da Xunta. Ninguén sabe qué inconfesables motivos levaron a Feijóo a incumprir a Lei e a impoñernos as porcentaxes de idiomas que a eles lles parecen mellores, en vez de darnos a liberdade que a maioría dos galegos desexamos (máis dun 85% segundo unha macroenquisa que fixo a empresa Sondaxe). Se cadra, intereses económicos das editoriais, ou intereses electoralistas, ou presións doutros partidos políticos ante os que Feijóo claudica. É incomprensible o que fai o PP, porque ademais o Partido de Rajoy di no apartado de educación do seu programa electoral que os pais que viven nas Comunidades bilingües teñen que poder elixir o idioma escolar para os seus fillos.

Non só cinismo, senon tamén engano: Feijóo prometeu na campaña electoral das pasadas eleccións autonómicas que daría esa liberdade aos pais para elixir como lingua para o ensino dos seus fillos a lingua propia de Galicia, ou o castelán os que así o queiran. Pero non cumpriu a súa palabra, traizoando os seus votantes, e defraudando os que confiabamos en que ía restablecer a legalidade (que o anterior goberno Bipartito tampouco respectaba) e a liberdade nesa materia.
As promesas de Feijóo facían referencia en xeral a todo o ensino: pero mesmo aínda que non teña obriga legal de cumprir a súa palabra (os cidadáns responsables poderánllelo facer pagar nas próximas eleccións) non se pode consentir que se manteña a situación ilegal no referente a la LNL, no seu artigo 13 citado, cando fala do primeiro ensino, que entendese abrangue ata 2º ou terceiro curso de primaria, isto é, ata que os nenos teñan 8 ou 9 anos. Espero que o próximo Goberno que saia das urnas se baleire de mentireiros e recupere a cordura e a legalidade, velando polos intereses dos cidadáns e das familias, e polos valores pedagóxicos polos que xa Castelao berraba. Por enriba de todo: polo ben dos nosos fillos e dos fillos dos demáis galegos.
PD: Enlace a otro artículo relacionado que te puede interesar: "¿Es perjudicial recibir la enseñanza en una lengua distinta a la que el niño usa en su casa? La OCDE solventa la polémica. (En el día internacional de la Unesco para la educación en la lengua materna)."