martes, 25 de julio de 2017

A Xunta de Feijoo quere acabar co idioma galego: fomenta e premia creacions en castelán. (Modo irónico)




Para algunas cosas, para la Xunta de Galicia solo cuentan
los gallegos que hablan, piensan y crean en gallego.
Pero para cobrar impuestos también contamos
los que hablamos español.
Su propio cartel les delata: Diseñando
tu futuro..., en este caso manipulando a la juventud.

   Acábanse de publicar no Diario Oficial de Galicia (Ver) as bases do Certame galego de Creadores Novos "Xuventude Crea 2017", organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. Diríxese aos mozos e mozas galegos e galegas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, e ten por obxectivo facilitar vías polas que poida manifestarse a inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega.

   Lendo as bases queda moi claro que a Xunta do PP quere acabar co idioma galego. Nas especialidades de teatro, relato breve, poesía e videocreación esixen o emprego exclusivo da lingua propia da nosa terra: o galego. Pero na convocatoria de música, permítese que as letras das cancións sexan en castelán e noutras linguas, esixindo só que un dos temas sexa en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.

Un certamen con doce
disciplinas, con premios en
metálico de una cuantía
importante: 5.500€
para cada una de ellas.

   A Xunta ten que ser capaz de conseguir que toda a produción cultural que facemos os galegos e galegas sexa en galego. Os que queiran crean en castelán están no sitio equivocado. O espírito da convocatoria déixao claro. Por iso mesmo non se entende esa concesión aos españois e castelanfalantes.

   Aínda máis: permitir pezas instrumentais, música sen letra en galego, tamén é unha traizón ao noso pobo galego: O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o idioma é a patria, a esencia máis nosa, o idioma é a forza.... ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer: Precisamos a lingua se queremos vencer! (Manuel María)



PD. También en este Blog:
- Polo ensino en galego pra os nenos galegofalantes.
- A Mesa pola normalización y el derecho a ser atendido en la lengua propia, o cómo tratar de seguir imponiendo el gallego apelando al sentido común.
- La Constitución obliga a conocer el idioma español. ¿Es eso algo gravoso o discriminatorio? ¿Se puede ser liberal y nacionalista?

No hay comentarios:

Publicar un comentario