domingo, 18 de diciembre de 2011

A manipulación do sentido da denuncia.

(Leer la noticia en O Correo Galego)
Nun comunicado, despois de que a Plataforma Queremos Galego convocase unha nova protesta en Santiago de Compostela, Larrauri denuncia "a manipulación do sentido da súa denuncia" e critica que A Mesa pola Normalización e outros colectivos "chegaran a pedir a dimisión do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación, mantendo terxiversadamente que se produciu un ataque contra a lingua galega".
Ao seu xuízo, o "asombroso do caso" é que están a basear as súas "protestas e ataques en algo que non é certo", ao repetir que se pediu que se retire o libro "por dicir que o galego é a lingua propia de Galicia". A proba de que "están equivocados", sinala, "é que hai polo menos outros 4 libros de Coñecemento, doutras editoriais, que tamén afirman que o galego é a lingua propia de Galicia, e non se pediu que se retire nin corrixa ningún deles por ese motivo".
A polémica xurdiu a raíz de que o libro de texto sobre o que se formulou a protesta ao Valedor recolle o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, no que di que "lingua propia de Galicia é a galega", no apartado de signos distintivos de Galicia.  Pero nese artigo cinco, noutros apartados, recóllese que os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e de usalos (5.2); que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento (5.3); e que ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua (5.4).
Neste sentido, o coordinador de UPyD asegura que "o único que se pediu no seu momento foi que se rectificase ese libro, completando a información parcial que ofrece" e, engade, "aclarando explicitamente a existencia de dúas linguas oficiais, galego e castelán, mantendo que o galego é a lingua propia pero sen omitir unha parte importante do que o Estatuto di, a que fala do castelán e da normalidade do uso de ambas as dúas linguas".
"Como pensamos moitos galegos, o Valedor considerou que o libro presenta a información de xeito inexacto e incompleto", e ao final o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, "aceptou ordenar que se levase a cabo a oportuna corrección".
Para o coordinador de UPyD en Vigo, "resulta rechamante que algúns colectivos reaccionen tan airadamente, baseándose nunha mala información ou a interpretacións falsas, acusando ao valedor e ao conselleiro de odiar e de atacar o galego".

15 comentarios:

  1. "Cada gallego tiene su lengua propia. Y sólo se puede decir que Galicia tiene una lengua propia de manera impropia." (Da carta remitida á Consellería e recollida en http://pedrolarrauricandidatoupydvigo.blogspot.com/2011/08/por-una-educacion-sin-adoctrinamiento.html )

    ResponderEliminar
  2. Como pensamos moitos galego?????? Mas se tu nom es galego que es madrilenho.

    ResponderEliminar
  3. Enton o Estado Español non ten lingua propia?? Pq cada español ten a sua lingua propia, chino, galego, romaní, catalan, español, etc,etc. Pq enton non se protesta polos libros que din que o español é a lingua propia de españa??

    ResponderEliminar
  4. Estades em contra de todo adoutrinamento na educaçom agás do espanholismo.

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente, el estado Español no tiene lengua propia. La Constitución dice que el castellano es la lengua oficial del Estado. Hablando en castellano, el término "lengua propia" no tiene significado: puede comprobar que ese término no figura en el diccionario de la Real Academia (RAE) (asi como lengua materna, lengua franca, etc sí que están definidas). Dado que el significado de "propio" (RAE) es: "Perteneciente o relativo a alguien que tiene la facultad exclusiva de disponer de ello", parece que si decimos que el gallego es la lengua propia de Galicia, no se puede hablar gallego ni fuera de Galicia ni por nadie que no sea gallego. ¿Alguien apoya eso? Sin embargo el Parlamento gallego ha establecido que el gallego es la lengua propia de Galicia. No he pedido a la Xunta ni al valedor que lo modifiquen. No es ese el problema: el Estatuto aclara que hay dos lenguas oficiales que se deben usar con normalidad, y sólo surgiría el problema si se quiere imponer el gallego presentándolo como la única lengua de Galicia, o que se dijera a la gente o a los niños de Galicia: tienes que hablar en gallego porque esa nuestra lengua propia. Eso no lo dice la gente de la calle, pero los de A Mesa y ciertos políticos tienen otras ideas. Yo defiendo que cada gallego tiene su propia lengua propia, unos gallego y otros castellano, otros ambas, y otros otras (yo creo que cada individuo es el más adecuado para responder a la pregunta ¿cuál es tu lengua propia?, los gallegos sordomudos tienen como lengua propia el lenguaje de signos, y no se puede decir de un gallego que no sabe gallego o que no sabe hablar que su lengua propia es el gallego. Lo de lengua propia lo aplicamos a Galicia, tal como el estatuto dice.

    ResponderEliminar
  6. http://bouvard.blogaliza.org/2011/12/14/en-poucas-palabras-a-proposito-do-libro-de-vicens/

    ResponderEliminar
  7. Numha sociedade civilizada e com dous idiomas oficiais, o normal, por parte das autoridades é que na educaçom obrigatória ensinem as duas linguas, fomentando aquela que menos domine a populaçom, para quando rematem a educaçom obrigatória os alunos saim com o mesmo domínio das duas linguas, para agora sim, em igualdade de conhecementos podam decidir libremente a lingua que querem utiliçar A eleiçom de lingua é a forma de marginar a lingua mais débil, assim como fomentar o seu desconhecemento. Para que eu fale galego ou castelhano a outra pessoa tem que entende-lo e conhecelo, se nom é assim a outra pessoa está imponhendo o seu idioma, e por desgraça é o que buscam os da eleiçom de lingua. Todo o demais demagógia barata para impor um idioma sobre o outro, para igual conhecementos de linguas e assim pode eligir libremente qual utiliçar é preciso fomentar e adicar-lhe mais horas ao galego.

    ResponderEliminar
  8. "soy afiliado de UPyD y socio de Galicia Bilingüe"

    Unha preguntiña:

    Van aproveitar a ocasión os de UPyD e mais os bilingües de Gloria para "denunciar" máis parágrafos doutros libros agora que se abriu a veda?

    ResponderEliminar
  9. Mire, señor Larrauri, por motivos profesionais levo moitos anos explicando o concepto de "lingua propia" ante alumnos e teño que dicirlle que o que vostede argumenta carece de sentido, a non ser para fastidiar neste momento, xa sabemos por que.

    ResponderEliminar
  10. definición de "propia" segundo a REA (http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=propio):

    "Propio, pia.
    (De proprio).
    1. adj. Perteneciente o relativo a alguien que tiene la facultad exclusiva de disponer de ello.
    2. adj. Característico, peculiar de cada persona o cosa. Esas preguntas son propias de un niño
    3. adj. Conveniente, adecuado. Dar el pésame es lo propio en estas ocasiones
    4. adj. Natural, no postizo ni artificial. Pelo propio
    5. adj. Referente a la misma persona que habla o a la persona o cosa de que se habla. Me insultó en mi propia cara
    6. adj. Se dice, por oposición a figurado, del significado o uso original de las palabras.
    7. adj. Dicho de una reproducción o imitación de alguien a algo: Hecha con gran exactitud o precisión.
    8. adj. Fil. Se dice del accidente que se sigue necesariamente o es inseparable de la esencia y naturaleza de las cosas. U. t. c. s.
    9. m. Persona que expresamente se envía de un punto a otro con carta o recado.
    10. m. Heredad, dehesa, casa u otro género cualquiera de hacienda que tiene una ciudad, villa o lugar para satisfacer los gastos públicos. U. m. en pl."

    Segundo a acepción 4, Lingua propia= lingua natural, nin postiza nin artificial. Este é o sentido que se lle ten que dar ao dito no Estatuto. O resto son garatusas.
    Estaría ben que se tivese o mesmo celo ao consultar un dicionario que cando se fai cun libro de primaria.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como se puede ver en el anterior comentario, la primera acepción de la palabra propio incluye el matiz de exclusivo; lo que no es propio o lo contrario de propio es lo impropio. Por lo tanto declarar al gallego legua propia implica decir de alguna manera que las demás son impropias.
      Por lo tanto sería mucho más adecuado, según mi opinión, calificar al gallego como lengua peculiar o autóctona de Galicia.
      Yo no digo que el gallego no sea la lengua propia de Galicia, porque eso es lo que pone en nuestra legislación. Por tanto afirmo que el gallego es la lengua propia de Galicia, y quiero que eso se les enseña a los niños; pero me gustaría que se les explicara lo que eso significa, y para poder explicarlo mejor y no dar lugar a malosentendidos ni favorecer el desprecio que desde muchas instancias se hace a los gallegos castellanohablantes, si alguna vez tengo oportunidad intentaré en el Parlamento Gallego que se modifique ese texto: quizá con el tiempo la mayoría de los gallegos exija que se modifique. Tampoco digo que españa no es una Monarquía, pero no por eso me tiene que gustar la monarquía, y me gustaría que se modificara ese detalla.

      Eliminar
  11. Ni el calificativo postizo ni el calificativo artificial se pueden aplicar al castellano en Galicia sin una profunda carga de ideología. Y las ideologías, igual que las religiones, cada uno las suyas, sin imponerlas a los demás.
    Nunca Galicia, desde que hay constancia de la existencia del idioma gallego, ha tenido un gobierno independiente de España, ni ha declarado al gallego única lengua oficial del territorio; y siempre en Galicia en estos 800 años se ha hablado y se ha escrito también en castellano (y durante muchos siglos de manera muy predominante).

    ResponderEliminar
  12. Fálase do galego e do que di o Estatuto. Non sei a que vén iso do goberno independente ou a declaración do galego como lingua única. ¿Quen dixo iso?. Estamos a falar da RAE e de semántica, non de política (aínda que para vostede todo o que cheire a galego ao parecer é política). É vostede quen fala do castelán e presume cargas ideolóxicas onde o único que hai é historia. Repase un pouco o dos irmandiños, Reis Católicos, Séculos Escuros,... se o fai verá (se quere) que o castelán foi imposto en Galicia, por iso non se pode dicir que é lingua natural (ao mellor para vostede si, pero non para a Comunidade pola súa historia). En Castela é natural o castelán e artificial o inglés, e cando en Castela todos sexan bilingües, o castelán seguirá a ser a lingua natural e o inglés seguirá a ser unha lingua artificial, e probablemente as dúas se convirtan en oficiais (e xa verá como vai a haber quen queira levar a contraria) e o demais son garatusas.
    E as ideoloxías, igual cas relixións, cada un as súas, sen impoñerllas aos demais.

    ResponderEliminar
  13. "siempre en Galicia en estos 800 años se ha hablado y se ha escrito también en castellano (y durante muchos siglos de manera muy predominante)"

    Aplíquese o conto e tome a súa propia medicina. Non pretenda elevar á categoría de verdade incuestionable o que non é máis ca ideoloxía súa.

    O castelán falado e escrito que menciona vostede existiu como imposición e como negación, e moitas veces persecución, do galego.

    ResponderEliminar
  14. joder no nacionalismo español imprialista!
    agora que temos o estado tinguido de azul e todas as institucións da vosa parte estades crecidos...
    mais tampouco vo - las imos deixar pasar todas, así que aproveitade ben mentras vos dure.

    ResponderEliminar