Acábanse de publicar no Diario Oficial de Galicia (Ver) as bases do Certame galego de Creadores Novos "Xuventude Crea 2017", organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. Diríxese aos mozos e mozas galegos e galegas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, e ten por obxectivo facilitar vías polas que poida manifestarse a inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega.
Lendo as bases queda moi claro que a Xunta do PP quere acabar co idioma galego. Nas especialidades de teatro, relato breve, poesía e videocreación esixen o emprego exclusivo da lingua propia da nosa terra: o galego. Pero na convocatoria de música, permítese que as letras das cancións sexan en castelán e noutras linguas, esixindo só que un dos temas sexa en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.
Un certamen con doce disciplinas, con premios en metálico de una cuantía importante: 5.500€ para cada una de ellas. |
A Xunta ten que ser capaz de conseguir que toda a produción cultural que facemos os galegos e galegas sexa en galego. Os que queiran crean en castelán están no sitio equivocado. O espírito da convocatoria déixao claro. Por iso mesmo non se entende esa concesión aos españois e castelanfalantes.
Aínda máis: permitir pezas instrumentais, música sen letra en galego, tamén é unha traizón ao noso pobo galego: "O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o idioma é a patria, a esencia máis nosa, o idioma é a forza.... ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer: Precisamos a lingua se queremos vencer!" (Manuel María)
- A Mesa pola normalización y el derecho a ser atendido en la lengua propia, o cómo tratar de seguir imponiendo el gallego apelando al sentido común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario